Programación

Luns 19 de xuño



09.00 horas. Recollida de documentación

09.30 horas. Apertura do Curso de Verán


10.00 horas. "Vestidos parlantes: indumentaria iconográfica, quitones unisex e un toque de "animal print", según a antiga Grecia"

Díez Platas, María de Fátima

Na cerámica grega refléxase dunha maneira real ou imaxinaria a vestimenta dos gregos, pero sobre todo a indumentaria dos deuses e os personaxes mitolóxicas. Independentemente dos atributos, os deuses e os seus seguidores divinos ou semidivinos aparecen ataviados con distintos tipos de vestidos que mostran unha intención de conferir significado. Igual que moitas das coleccións de moda contemporánea, que elixen un motivo para comunicar unha mensaxe, a vestimenta de algúns deuses, e de maneira especial a de Dioniso e os seus seguidores, mostra un uso de roupaxes e accesorios ou aderezos que pretenden converter os seus portadores en figuras especiais que contan unha historia coa súa maneira de ir ataviados.


11.30 horas. Descanso.


12.00 horas. Apuntamentos sobre vestiario cinematográfico: deseño, caracterización e referencias

López López, Yolanda

O deseño de vestiario supón unha das ferramentas máis poderosas no traballo de caracterización de personaxes dun filme; unha condición que cobra especial relevancia en xéneros como a ciencia-ficción, o western ou o drama de época. Ademais de subliñar as condicións de vida, o carácter, a profesión ou o ambiente onde eses homes e mulleres transitan, adoitan establecer complexas conexións co mundo da moda e da estética, nun diálogo que se estende, ás veces, a ficción televisiva. Xunto a todo tipo de iconas no imaxinario colectivo, interésanos reflexionar sobre os referentes plásticos na recreación de vestimentas e atuendos nos filmes de reconstrución histórica; nos que semella preciso distinguir entre veracidade, historicidade e fantasía. A charla propón abrir o diálogo sobre o deseño de vestiario, botando man de deseños, figuríns e secuencias que exemplifiquen algunhas destas cuestións.


14.00- 16.00 horas. Comida


16.00 horas. Cabaleiros de brillante armadura. Estudo da representación da indumentaria do cabaleiro medieval.

Canedo Barreiro, María

"Revestídevos das armas de Deus para poder resistir os ataques do demo" (Efesios 5,10)

Con estas palabras inténtase unir toda a simboloxía que entraña a indumentaria do cabaleiro medieval. A armadura convértese no uniforme da cabalería, transformándose nun estereotipo que transmite un especial poder, impregnado das virtudes cristiás que marcarán o ideal cabaleiresco, o cal acabará sendo máis propio do novelesco ca da realidade. Esta conferencia pretende trazar a evolución e características do arnés de cabaleiro medieval, así como as particularidades que marcarán a súa maneira de vestir e representarse.


16.40 horas. EFERRO, unha zoquería contemporánea

Ferro, Elena

Elena Ferro é a terceira xeración da súa familia que se dedica a realización de zocos e a través da combinación da marroquinería coa elaboración deste tipo de calzado. Elena traballa baixo a marca Eferro e pode manter vivo un oficio tradicional que na actualidade está en perigo de desaparecer. Para elo, cambian o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica converténdoa nunha peza adaptada ás tendencias de moda actuais. Todo elo a partir de diferentes materiais como a madeira de aliso, coiro de poldro e vaca, curtido vexetal e engraxado e cromo encerado, cravos, caucho reciclado, grapas... Durante a conferencia, Elena fará un percorrido pola súa traxectoria profesional, os seus procesos creativos, o método de traballo, materiais, etc...


17.20 horas. Indumentaria eclesiástica na Galicia medieval. A propósito da figura xacente dun abade exposta no Museo Provincial de Lugo.

García Soengas, Victoria

O campo da escultura funeraria desempeña un papel fundamental no estudo da indumentaria da Idade Media, pois constitúe unha fonte primordial para o coñecemento das diferentes prendas e atavíos da época. Por este motivo, a presente comunicación ten como propósito realizar un achegamento á vestimenta eclesiástica a través da escultura funeraria baixomedieval galega; cometido para o que se tomará como referente e obxecto de análise a tampa sepulcral coa imaxe xacente dun abade, procedente de Monforte de Lemos, que se conserva actualmente no Museo Provincial de Lugo.


Martes 20 de xuño



09.00 horas. Ouro e brocado: moda e ourives na luxosa corte Castelá

Rey Cabezudo, Mónica

A moda medieval castelá experimenta momentos de esplendor, luxo e suntuosidade ó longo dos séculos, non só polas influencias estranxeiras senón tamén por las innovacións propiamente españolas e polo permanente contacto co mundo árabe. A arte e as súas manifestacións plásticas permiten visualizar estas prendas e enxovais para descubrir realmente como de habitual chegou a ser o seu uso entre as mulleres das clases máis privilexiadas, incluso infantas e raíñas, a pesar das críticas e ataques a certas modas. Deste modo, a pintura e a escultura convertese nunha ventá que permite achegarse a este campo, para visualizar cal era a realidade da moda medieval e como de errado esta o noso imaxinario actual respecto a esta época.


10.15 horas. Costuras artísticas a través do spray

González Troncoso, Amabel

Pode un deseño de Chanel ter tanta importancia histórica como unha pintura de Picasso ou un grafiti de Basquiat? Desde que a arte saíu dos museos e instalouse na vida cotiá, todo é posible. A moda é un fenómeno social, un medio polo cal as xeracións expresan ideas e filosofías que enchen de imaxes as páxinas da historia. Por unha banda, a moda e os movementos artísticos sempre tiveron unha conexión moi particular. Non sería ata o século XX, cando os artistas sairían ao mundo, flexibilizando as ata entón ríxidas barreiras da arte, a moda e o underground.


11.30 horas. Descanso


12.00 horas. A moda dende ás vangardas: o surrealismo e Elsa Schiaparelli

Monterroso Montero, Juan Manuel

A moda mantén unha relación ambigua co mundo da cultura en xeral, e da arte en particular. A súa dimensión mercantil impúxose coas facetas creativa e emocional que a definiron dende a súa orixe. Por ese motivo, unha vez que a moda adquiriu autonomía propia o longo do século XX, unha vez que o seu alcance cultural quedou de manifesto, é posible plantexarse a pregunta de sí podería existir unha iconografía específica da moda. Na conferencia propondrase unha análise comparativa entre arte e moda do século XX e XXI co obxecto de constatar que, o mesmo que os artistas de tódalas épocas servíronse de modelos para asentar a inspiración das súas obras, os deseñadores de moda tamén buscaron como fontes de inspiración, referentes e modelos as creacións artísticas propias do seu tempo ou de tempos pasados, centrándonos no caso concreto da deseñadora Elsa Schiaparelli.


14.00 - 16.00 horas


16.00 horas. Moda e vestir na Idade Media: conceptos xerais sobre a indumentaria masculina

Barral Rivadulla, Dolores

A moda, segunda definición da RAE é: "o conxunto de prendas de vestir, adornos e complementos que baséanse neses gustos, usos e costumes, e que se usan durante un período de tempo determinado". Son precisamente a temporalidade e flutuación do concepto ó longo da Idade Media o que a converten en exclusiva fronte ó concepto xenérico de vestir. Dos polos opostos no xenérico, pero complementarios no diario, serán valorados a través da indumentaria masculina, dende o interior, onde o vestir é practicamente común, ás sobrevestas onde o concepto de aparencia únese a do vestir e xunto cos complementos, da lugar á moda.


17.00 horas. A costura como metalinguaxe na arte

Magán Lampón, María

Un percorrido ao redor das relacións existentes entre arte e o procedemento da costura nos últimos 50 anos. Desde a súa introdución na arte contemporánea ata hoxe, observamos que a intencionalidade coa que se produce este diálogo foise modificando. Algo que nun principio xorde como reivindicación política e de xénero, hoxe en día preséntase como un elemento máis do vocabulario plástico ou como recurso creativo. 


Miércoles 22 de xuño



09.00 horas. As exposicións de moda nas institucións museísticas no cambio de milenio. O caso de Martin Margiela.

Otero Padín, Román

A moda está presente de modo cotián na vida do século XXI. As manifestacións da mesma, transcenden o ámbito mercantil, para entrar no espazo cultural. Estudar as diversas formar que adquire a moda no mundo contemporáneo, avaliar o seu contido e indagar na representación da mesma nas exposicións en institucións e museos, é o obxectivo da conferencia.

A moda, según definición da RAE é: "o conxunto de prendas de vestir, adornos e complementos que básanse neses gustos, usos e costumes, e que se usan durante un período de tempo determinado". Son precisamente a temporalidade e fluctuación do concepto ó longo da Idade Media o que a converten en exclusiva fronte ó concepto xenérico de vestir. Dos polos opostos no xenérico, pero complementarios no diario, serán valorados a través da indumentaria masculina, dende o interior, onde o vestir é practicamente común, ás sobrevestas onde o concepto de aparencia únese a do vestir e xunto cos complementos, da lugar á moda.


10.15 horas. A costura como metalinguaxe na arte

Magán Lampón, María

Un percorrido ao redor das relacións existentes entre arte e o procedemento da costura nos últimos 50 anos. Desde a súa introdución na arte contemporánea ata hoxe, observamos que a intencionalidade coa que se produce este diálogo foise modificando. Algo que nun principio xorde como reivindicación política e de xénero, hoxe en día preséntase como un elemento máis do vocabulario plástico ou como recurso creativo.


11.30 horas. Descanso


12.00 horas. As exposicións de moda nas institucións museísticas no cambio de milenio. O caso de Martin Margiela.

Otero Padín, Román

A moda está presente de modo cotián na vida do século XXI. As manifestacións da mesma, transcenden o ámbito mercantil, para entrar no espazo cultural. Estudar as diversas formar que adquire a moda no mundo contemporáneo, avaliar o seu contido e indagar na representación da mesma nas exposicións en institucións e museos, é o obxectivo da conferencia.


14.00 - 16.00 horas. Comida


16.00 horas. Os novos deseñadores galegos: ESDEMGA, unha fonte de talento.

Dopico, Lola

Lola Dopico é licenciada pola Universidade de Salamanca e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo ademais de profesora nas áreas de arte, deseño e tecnoloxía desde 1994 O seu desenvolvemento profesional está directamente vinculado ás novas tecnoloxías e ao deseño.

Actualmente é directora da escola ESDEMGA da UVigo, e narrará a súa experiencia e traballo coas novas xeracións de deseñadores galegos e as oportunidades que a moda contemporánea lles brinda.


16.00 horas. Wearable-cyborg. Paradigma da amplificación das capacidades sensoriais humanas desde a práctica artística

Castellanos Vicente, María

Nos nosos días, os límites entre arte, deseño e tecnoloxía dilúense para crear unha área experimental da creación con distintas bifurcacións como, por exemplo, os wearables. Estes chegan moito máis lonxe que os simples gadgets tecnolóxicos, pois ofrecen unha nova forma de incorporar tecnoloxía á nosa vestimenta. Doutra banda temos toda a iconografía cyborg, procedente na súa maioría da ciencia ficción e que forma parte xa do imaxinario colectivo. Nos últimos anos tanto a miña práctica artística como a miña investigación teórica versan ao redor da ampliación ou modificación das capacidades sensoriais humanas, centrando o meu traballo na creación de dispositivos ideados para o corpo e focalizándome no paradigma wearable-cyborg de ampliación sensorial humana.


17.00 horas. Do discurso feminista-obrerista á culturización do encaixe de Camariñas

Jiménez-Esquinas, Guadalupe

Neste relatorio analizarase a transformación do encaixe de Camariñas e as palilleiras desde principios do S. XX ata a actualidade. No pasado, a industria do encaixe estaba indisolublemente asociada ás loitas feministas pola igualdade e á reivindicación dos dereitos laborais das mulleres.



Xoves 22 de xuño



09.00 horas. A importancia da cultura visual

Suárez, Fernando

O relatorio versará sobre a importancia da imaxe na moda, desde o seu bo uso para estudantes e deseñadores na procura de inspiración, como no papel que desempeña para ter perspectiva, criterios sobre tendencias e ter autocrítica sobre o traballo que realizamos. A segunda parte está enfocada ao traballo do estilista, poñendo exemplos de coleccións de moda pouco elaboradas, pero que cunha boa dirección de arte terminan sendo imaxe de tendencia.


10.15 horas. A segunda pel. O téxtil como interface

Coleman, Sara

Esta conferencia profundará nas relacións que se establecen entre a arte e a moda a través do material téxtil, nun mundo cheo de hibridacións que é tan antropolóxico como xeográfico, tan social como individual; un sistema cheo de interpelacións que nos ofrecen unha experiencia complexa e aberta. O proceso creativo de Coleman e a investigación artística que actualmente está desenvolvendo, serán o camiño polo que camiñe este relatorio.

Despois do franquismo e o seu emprego nas producións téxtiles como dispositivos biopolíticos, esta práctica recolocaríase no marco do folclore, a ociosidade, o tipismo e, posteriormente, como parte da identidade e a cultura galegas, mentres que as palilleiras veríanse envolvidas nun enxalzamento das virtudes da feminidade de corte anti-feminista e, posteriormente, como depositarias dun marcador identitario despolitizado.


11.30 horas. Descanso


12.00 horas. Oteyza: modelo tradicional vs. moda contemporánea

Oteyza, Paul y Peñeda, Caterina

Oteyza ofrece unha visión renovada e auténtica da xastraría, onde a materia, a imaxinación, o oficio e a elegancia xúntanse para ofrecer a máxima expresión das pezas a medida. A xastraría tradicional é unha arte no que todo o proceso de elaboración da peza realízase de forma artesanal. Desde o trazado do patrón para o posterior corte do tecido, no que se traza a liña harmónica da feitura, ata as miles de puntadas que ensamblan os tecidos, entretelas e plastrón realizado a man. Durante a conferencia, o equipo de Oteyza explicará como é o seu proceso creativo, as súas fontes históricas e a difusión da moda contemporánea española nas ferias internacionais

13.30 horas. Cerre do Curso e entrega de certificados. 

Asociación Cultural Beltane
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar