Poñentes

Barral Rivadulla, Dolores

Profesora de Historia da Arte (USC)

Profesora titular de Historia da Arte Antiga e Medieval da Universidade de Santiago de Compostela. 

Pertence ó grupo de investigación GI-1507. Medievalismo. Espazo, imaxe e cultura. Dentro do cal desenrola os seus traballos de investigación. 

Canedo Barreiro, María

Estudos medievais (USC)

Licenciada en Historia del Arte (USC) e cursou un máster en Xestión do Patrimonio Artístico (USC). Actualmente conta cunha bolsa FPU e realiza a súa tese doutoral "Escultura funeraria baixomedieval na vertente atlántica galega" dentro do programa de Estudos Medievais da USC

Coleman, Sara

Diseñadora y artista

Deseñadora e artista, comeza estudando Artes Plásticas e Deseño (Técnico Superior en Artes Plásticas e Estilismo de Indumentaria) e continuou con diferentes titulacións: Máster en Xestión de Moda, Experto Universitario en Formación, Cultura e Xestión de Moda, Ilustración Experimental en Central Saint Martins, Técnico en Patronaje e Escalado Industrial, Deseño de vestiario para Artes Escénicas e Grao en Belas Artes_Universidade de Vigo. Diseñadora con marca propia ha desfilado en la MBFWM durante 10 ediciones, ha sigo finalista en el International Woolmark Prize y en el Mango Fashion Awards y Primer Premio Iniciativa Empresarial en 2011. Recientemente ha sido seleccionada en los Premios ArtsFAD 2017 y como artista residente en el MAC, Museo de Arte Contemporáneo de Coruña. Actualmente e desde o ano 2012, colabora como docente e Directora de Proxectos Finais en ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia) Universidade de Vigo, ao mesmo tempo que imparte conferencias e workshops sobre Creatividade, Deseño e Experimentación. 

Castellanos Vicente, María

Artista e investigadora

Artista e investigadora. Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde é galardoada co Premio Extraordinario de Doutoramento, grazas á súa tese "A pel biónica. Membranas tecnolóxicas como interfaces corporais na práctica artística". A súa obra formou parte de importantes mostras en diferentes países de Europa, así como en Xapón, Australia ou Ecuador. Ao longo dos últimos anos recibiu diferentes premios e residencias que lle permitiron producir a súa obra como o premio Next Things en 2015 outorgado por Laboral Centro de Arte e Telefonica I+D ou a residencia no Soft Lab da Universidade de Umeå, Suecia durante 2016/17. 

Díaz Platas, Fátima

Profesora de Historia da Arte (USC)

Licenciada en Xeografía e Historia (1981) e en Filoloxía Clásica (1985), Doutora en Filoloxía Clásica (1996) e D. E. A. (Diploma de Estudos Avanzados) en Historia da Arte (2001) pola Universidade Complutense de Madrid. Dende 1998 e ata o momento, profesora de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Formouse como investigadora na Universidade de Harvard (1992-1994), e desenrolou a súa labor de investigación no Archivo Beazley da Universidade de Oxford, principal centro de investigación en cerámica grega; o Instituto Warburg de Londres, o Consello Superior de Investigacións Científicas, o Museo Arqueolóxico Nacional e a Universidade Complutense de Madrid. É autora de máis de 70 publicacións dedicadas á imaxe, á estética e ós mecanismos de figuración na Antigüedade grega, á representación do mito na arte e a literatura antigas, e á transmisión e pervivencia dos contidos mitolóxicos figurados, con especial atención á ilustración da literatura mitolóxica, concretamente das obras de Ovidio. 

Dopico, Lola

Directora ESDEMGA

Licenciada pola Universidade de Salamanca e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo é, profesora nas áreas de arte, deseño e tecnoloxía desde 1994. O seu desenvolvemento profesional está directamente vinculado ás novas tecnoloxías e ao deseño. Desenvolveu diferentes programas e proxectos de investigación que liderou como IP do grupo de investigación DX7, Laboratorio Visual. Entre outros: Directora do Postgraduado especializado: @rtec; Arte e Tecnoloxía e Industrias Culturais (2002-2004) un programa Interreg III, Xestión e Organizadora de "Artech. Congreso de arte e tecnoloxía". Recentemente foi comisaria das seguintes exposicións "Camiños no deseño" con Itinerancia internacional (2012-13). "O diálogo creador. Deseño e tradición cultural" para Museo do Pobo Galego (2013) e "Facer, deseñar, pensar. Pezas, experimentos e camiños do deseño" (2014) no Museo de Artes Decorativas de Madrid. É membro fundador da Asociación Internacional Artech https://artech-international.org/about-artech-international/ e da Comisión científica de Artech: Dixital arts International conference e de UD14 "Encontro Ibérico de Doutoramentos em Design". 

Ferro, Elena (Eferro)

Empresaria

Elena Ferro é a terceira xeración da súa familia que dedicada á realización de zocos e a través da combinación da marroquinería coa elaboración deste tipo de calzado, Elena e a súa familia, que traballan baixo la marca eferro poden manter vivo un oficio tradicional que na actualidade está en perigo de desaparecer... Entre outras actividades creou unha nova liña de zocos feitos con colores atrevidos e deseños en sintonía coas tendencias de moda, inspirada na natureza e nos animais, coma os zocos "vuela mariquita vuela" que foron galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente compatibles. 

García Soengas, Victoria

Estudos medievais (USC)

Victoria García é Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, onde cursou tamén o mestrado en 'Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos'. Profesionalmente, realizou prácticas no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC) en 2014, e participou, en 2016, nas I Xornadas de Novos Investigadores do Románico -organizadas pola Asociación 'Amigos del Románico'- coa comunicación "A imaxe de 'Daniel no foxo dos leóns' na escultura románica galega". Actualmente é alumna do Programa de Doutoramento de Estudos Medievais da USC, e realiza a tese doutoral sobre os "Fondos medievais do Museo Provincial de Lugo". 

González Troncoso, Amabel

Comisaria independente, investigadora e técnico de museo. 

É Doutoranda en Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela) e Máster en Deseño e Xestión de Exposicións pola Fundación Antonio Camuñas (Madrid). Con unha larga experiencia na xestión cultural e interpretación do patrimonio, especializouse nos últimos anos no campo do espazo público co obxectivo da recuperación, actualización e difusión do patrimonio cultural e levalo a tódolos públicos. Actualmente realiza a tese "Aproximación á Historia da Arte do graffiti en Galicia" pola USC, á vez que xestiona proxectos culturais relacionados coa arte contemporánea, combinándoo coa súa labor como Técnico de museo no Museo de Belas Artes da Coruña dende o ano 2009. 

Jiménez Esquinas, Guadalupe

Comisaria independente, investigadora e técnico de museo. 

 Entre 2015-2016 traballou vinculada ao proxecto NEARCH (New scenarios for a community- involved archaeology), do programa cultura da U.E. e forma parte do equipo de traballo do proxecto ParticiPat proxecto I+D do Plan Nacional. Foi investigadora predoctoral entre 2010-2015 no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en Santiago de Compostela. Os seus intereses céntranse na análise crítica dos procesos de patrimonialización desde unha perspectiva feminista, a aplicación de teorías da afectividade/emocionalidade ao patrimonio, a biopolítica e a análise da participación no ámbito patrimonial. Na actualidade está a escribir a súa tese doutoral titulada "Crafting and Affective Landscapes: heritagization processes of textile crafts and landscapes in Costa da Morte (Galicia, Spain)" (EHU/UPV) onde analiza a patrimonialización de artesanías téxtis, as transformacións biopolíticas, afectivas/emocionais do patrimonio e a paisaxe da Costa da Morte.  

López López, Yolanda

Técnico cultural e crítica de Cine e TV

Doutora en Historia da Arte pola USC (Universidade de Santiago de Compostela) onde realizou, ademais, estudos de Xornalismo. Completou a súa formación cun Posgrao en Teoría e Práctica Teatral e un Máster en Edición. Traballou en investigación, produción e programación cinematográfica, tanto en produtoras audiovisuais e centros de investigación, coma en festivais de cine e salas independentes. Ten impartido clases de cine e cultura española en diferentes másteres universitarios e cursos da ensinanza de español para estranxeiros. Na actualidade, desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da xestión cultural e exerce como crítica de cine e televisión. 

Magán Lampón, María

Artista plástica e visutal

Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo coa súa tese "Costura: da reivindicación política á recreación poética. O procedemento da costura como recurso creativo na obra de arte". Ao longo da súa traxectoria participou en exposicións tanto individuais como colectivas pasando por espazos tan coñecidos como o MACUF, Laboral de Xixón, Museo de Lugo, ou a Fundación Serralves no Porto. Fundadora e membro de varios colectivos de artistas e creadores como LIBA colectivo ou Creaturas; defínese como artista plástico e visual de carácter interdisciplinar, interesada na xestión e produción de contidos artísticos-culturais. Unha das súas últimas apostas é a creación dun espazo para a arte desde unha fórmula empresarial: "La doce", sita en Boiro 

Monterroso Montero, Juan Manuel

Profesor de Historia da Arte (USC)

Doutor en Xeografía e Historia, profesor Titular do Departamento de Historia da Arte da USC dende o 2003, ocupa na actualidade o cargo de Coordinador de Historia da Arte, na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Dende 1994 participou en numerosos proxectos de investigación financiados, abarcando un amplo marco cronolóxico, dende a Idade Media ata a Contemporánea. Ademais, conta cunha extensa listaxe de publicacións en revistas e libros, e participa como asesor científico en diversas publicacións. Entre as súas publicacións pódese destacar "La pintura barroca en Galicia (1620- 1750)". Santiago de Compostela, 1996. "Protección y Conservación del Patrimonio. Principios teóricos". Santiago de Compostela, 2001. "Lugares e imaxes, espazos e devocións, ritos e credos. Os fondos pictóricos da catedral de Mondoñedo", en Rudesindus. A terra e o templo. Santiago de Compostela. 2007. 

Oteyza, Paul e Peñeda, Caterina

Oteyza

Oteyza ofrece unha visión renovada e auténtica da xastraría, onde a materia, a imaxinación, o oficio e a elegancia se unen para ofrecer a máxima expresión das pezas a medida. Este proxecto naceu fai tan só tres anos pero segue a pegada de tres xeracións de xastres da familia desde principios do século XX. Así pois, son a cuarta xeración de artesáns cunha visión renovada da xastraría, onde o oficio, a materia e a imaxinación uniranse para ofrecer a máxima expresión nas pezas a medida. Os seu alicerces son xeometría, simplicidade e movemento. A xastraría tradicional é unha arte no que todo o proceso de elaboración da peza realízase de forma artesanal. Desde o trazado do patrón para o posterior corte do tecido, no que se traza a liña harmónica da feitura, ata as miles de puntadas que ensamblan os tecidos, entretelas e plastrones, realízase a man.  

Padín Otero, Román

Profesor de ESDEMGA (UVigo)

Licenciado en Dereito e diplomado en Estudos Avanzados en Modos de Conocimiento en la Práctica Artística Contemporánea, Departamento de Escultura, Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, co traballo FASHIONING ART (universos de moda, fotografía y universos de artistas). Matriculado no Terceiro Ciclo, Programa de Doutorado en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo, Facultade de Bellas Artes, RD 99/2011, coa tese "El discurso de la moda a través de sus exposiciones. La articulación de la relación arte y moda en las instituciones museisticas en el cambio de milenio", baixo a dirección a Profa. Dra. Dña. María Dolores Dopico Aneiros. Dende 2008, é profesor invitado na Universidade de Vigo, ESDEMGA, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza,na materia, Análise de Tendencias. Ditou conferencias sobre moda e arte no Museo de Reproducciones de Bilbao; Casa das Campás de Pontevedra e o MACUF de A Coruña. Traballou con empresas de moda, D-Due, en Galicia e Baleares; Cabot Centre-Missoni, en Baleares e con galerías de arte, como Galería Trinta en Santiago de Compostela. 

Pinilla Trujillo, Carlos Justo

Profesor na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia

É licenciado en Arte dramática, coa especialidade de escenografía na RESAD e realizou o Master de Artes Escénicas na Facultade de filoloxía e tradución da Universidade de Vigo no ano 2015. Participou coma colaborador e responsable en diversos espectáculos e actividades escénicas, por exemplo no deseño e realización de vestiario do "Cuarteto" de H. Müller, producións de Soslayo. Sala espacio Kubik. Madrid e levou a cabo o deseño e realización do vestiario "22 ́ ́ Don Juan, el Burlador de Sevilla" C+C Teatro (Compañía estable del corral de comedias de Almagro, Ciudad Real), entre moitas outras. Actualmente é profesor na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, coa materia de Caracterización e Indumentaria. 

Rey Cabezudo, Mónica

Estudos medievais (USC)

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2013) coa especialidade de arte Antiga e Medieval; realizou o Máster en Gestión del Patrimonio Arquitectónico, Museos y Mercado del Arte (2014, USC) e na actualidade é doutoranda no grupo de investigación Medievalismo: espazo, imaxe e cultura (USC), coa tese titulada "Fondos medievales en los museos provinciales de Galicia: el caso de A Coruña ". Colaborou co Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña na catalogación e inventariado da colección de arte medieval e foi comunicante e poñente en varios congresos, nacionais e internacionais, e na Universidade de Verán da USC. No ano 2015 publicou o artigo titulado "Moda en piedra en el siglo XV. Análisis iconográfico de las laudas gallegas con tocado de rollo" e continuou investigando a influencia da moda borgoñona en Galicia en varios traballos posteriores. Actualmente traballa como educadora no Museo de Belas Artes de A Coruña, no departamento de Difusión e Educación. 

Suárez, Fernando 

Director en FormArte

Fernando Suárez, nacido na Coruña. Iniciou os seus estudos de estilismo de indumentaria en Santiago, posteriormente emigra a Barcelona para completar a súa formación na prestixiosa escola do I.E.D. Desde o ano 2004 comeza a traballar como asistente persoal do recoñecido estilista e coolhunter Jaume Vidiella na revista "B-guided". Isto ábrelle as portas para publicar editoriais en distintas revistas de tendencias e moda (Metal, Calle 20, tenmag ...). Ademais traballou como director artístico nos desfiles de "The mystic Onion" para a pasarela de Cibeles. No ano 2007 ten unha importante colaboración como estilista de vestiario en varios proxectos do artista Carles Congost. Primeiro no monográfico "Say I´m your number One" e despois na curtametraxe "A mala Pintura". Tras esta experiencia continúa os seus traballos de estilista e persoal shopper, compaxinando a actividade profesional coa de docente na escola de imaxe MTPLUS. Regresa á Coruña, no ano 2011 e crea a revista de tendencias "Wrong Magazine", desde esta senda e a experiencia que nela créase, tres anos máis tarde funda a escola de moda FormARTE. Actualmente, compaxina o seu papel de director en FormARTE coa de estilista do centro comercial Marineda City.

Asociación Cultural Beltane
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar