
Cando o efémero se eleva á categoría do sublime:
A moda, algo máis cun concepto

Cando o efémero se eleva a categoría do sublime: a moda, algo máis cun concepto
A historia da moda é unha disciplina pouco estudiada dende o ámbito universitario, sendo precisa unha revisión dos estudios publicados nos anos cincuenta e unha actualización da relación existente entre a arte e a moda, tanto coma polo seu valor histórico intrínseco como para a súa utilidade na análise histórico-artístico das obras figurativas. Nestas xornadas, realizadas baixo o amparo da Unviersidade de Verán, da USC, aportarase unha visión ampla e xeral da historia da moda, dende a Idade Media, como época na que reaparece o concepto de moda e que será o que marcará a evolución do deseño occidental, ata o mundo Contemporáneo, remarcando a estreita unión existente entre os deseñadores e os creadores de vangarda, que converterán a moda nun obxecto artístico máis, momento en que a vestimenta entra nos museos e figuras como Elsa Schiaparelli ou Yves Saint Laurent son considerados artistas e non só deseñadores. As distintas conferencias abarcaran temas moi variados, dende o mundo funerario ó cinematográfico, dos ballets rusos á creación actual de moda inspirada en patróns tradicionais, etc...
Cándo e onde
As conferencias terán lugar entre o 19 e o 22 de xuño de 2016, na aula 5 da facultade de Xeografía e Historia da USC (Santiago de Compostela). O día 23 de xuño as actividades terán lugar no Museo de Peregrinacións de Santiago de Compostela.
Duración
La duración del curso será de 24 horas lectivas, distribuidas en cuatro días de conferencias y una performance como cierre de curso.
Dirección
María Dolores Barral Rivadulla
Mónica Rey cabezudo
Secretarias
Amabel Troncoso Álvarez
María Canedo Barreiro
Certificado
Pola asistencia ó curso obterase un certificado e, a USC otorgará ós alumnos que o desexen poden solicitar a convalidación polo curso de 1 crédito.
Obxetivos
1. Achegar os alumnos ó mundo da historia da moda, dende unha perspectiva académica, nun período que abrangue dende a Idade Media ata o século XXI.
2. Dotar os asistentes de coñecementos básicos sobre moda medieval, moderna e contemporánea, que lles facilitará identificar elementos da vestimenta destas épocas ó enfrentarse a unha obra de arte.
3. Establecer unha relación entre a moda e a arte a través de recentes investigacións sobre os patróns tradicionais do deseño, a imaxe da vestimenta na escenografía e na educación.
4. Mellorar a comprensión da industria textil actual e o comisariado deste tipo de obras nos museos